Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

09:40:15 Domingo 3 de xullo 2022
Estás en:

O Concello de Santa Comba xa dispón de Oficina de Rexistro Cl@ve

7/06/22

Este método de rexistro permite aos veciños e veciñas acceder a todo o catálogo de servizos e trámites da Sede electrónica.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

Os veciños e veciñas de Santa Comba dispoñen xa dunha Oficina de Rexistro Cl@ve. Coa creación deste novo servizo, a entidade coruñesa pon ao dispor da cidadanía a posibilidade de crear unha identidade dixital nas oficinas do seu concello e acceder así aos servizos que a Sede Electrónica lles ofrece.

O Sistema Cl@ve permite ao cidadán identificarse para realizar e asinar os seus trámites cos organismos públicos por Internet con plenas garantías de seguridade. Evítase así o desprazamento ás oficinas físicas e as restricións horarias das mesmas. Por outra banda, este sistema simplifica e unifica o acceso aos servizos públicos e elimina a necesidade de memorizar e introducir contrasinais ou claves temporais inmediatas.

Entre o amplo catálogo de servizos de administración dixital accesibles mediante identificación con Cl@ve atópanse as sedes electrónicas das entidades locais. 80 entidades locais provinciais xa teñen Sede electrónica, accesible desde o portal web que a Deputación da Coruña pon ao dispor dos cidadáns e cidadás en entidadeslocais.dacoruna.gal

Concello Dixital - Inicio Oficiña Rexistro Cl@ve en Santa Comba
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal