Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

05:50:54 Luns 22 de xullo 2019
Estás en:

Dez membros das asociacións de Aranga formáronse na solicitude de subvencións municipais a través da sede electrónica do concello

11/07/19

Un taller de dúas horas de duración, celebrado o pasado martes 2, serviu para que os responsables de diferentes entidades culturais e deportivas do concello coñecesen como empregar a oficina electrónica de Aranga, a súa Sede, para solicitar as subvencións que en breve otorgará a administración local.

As persoas participantes puideron coñecer os sistemas de identificación que lles permiten empregar a sede electrónica para facer os diferentes trámites, así como o procedemento para solicitar as subvencións e as vantaxes de empregar Notifica, o sistema de notificación electrónica da Xunta de Galicia.

A formadora, axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación, invitou tamén ás persoas asistentes a que, se teñen algunha dúbida cando fagan as súas xestións, se acheguen ao concello nos días en que prestará asesoramento este mes sobre a administración dixital, que serán os vindeiros días 12 e 24.

A xornada rematou cunha reunión informativa sobre as características das subvencións desta convocatoria.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal